|
|
Construíndo pontes lingüísticas das linguas clásicas ás modernas é un proxecto e Twinning que consiste nun curso online de lingua española e grega, completamente deseñado, implementado e avaliado polos estudantes.
O alumnado grego e galego producirán todos os materiais de aprendizaxe. Os estudantes empregarán, coma punto de partida, os seus coñecementos de linguas clásicas para aprender aos seus compañeiros unha lingua moderna (o grego e o español).
Os estudantes españois ensinarán español ao alumnado grego empregando os seus coñecementos de latín, mentres que os estudantes gregos aprenderanlles grego moderno ao alumnado español empregando os seus coñementos de grego antigo.
O inglés vai ser a lingua de comunicación no proxecto.
O alumnado de Tecnoloxía colabora no proxecto para así poder desenvolvelo e melloralo.
O noso proxecto ten como obxecto mellorar a compentecia lingüística e a competencia dixital do noso alumnado.
Os alumnos empregarán o seu coñecemento de grego antigo e latín para poder ser uns bos profesores dos seus compañeiros eTwinning, quen non falan nin español nin grego moderno ao comezo deste proxecto.
Agárdase que o alumnado acade unha competencia básica na respectiva linguaxe dos seus socios eTwinning e que comprendan a importancia das linguas e mais da diversidade cultural, así como o contexto europeo común.
Durante a realización do proxecto eTwinning realizaranse dous intercambios escolares nos que celebraremos o Ano Europeo do Patrimonio Cultural.