- Contribuír a aprendizaxe das linguas (dende un enfoque comunicativo e estrutural) e valorar a diversidade lingüística.
- Recoñecer a relevancia das linguaxes clásicas, o grego antigo e o latín, e empregalos para aprender idiomas modernos (enfoque estrutural e enfoque de tradución de textos).
- Mellorar a habilidade dixital. A integración das competencias dixitais dos nosos alumnos tamén é un dos alicerces deste proxecto.
- Acadar unha idea clara das diferencias e similitudes do substrato cultural común dos estudantes.
- Celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural coas visitas e análises dos tesouros artísticos, naturais e culturais da área onde viven.
- Fornecerlle ao alumnado o coñecemento básico e necesario para viaxar, vivir e traballar na Unión Europea.
|
|